Glosario de termos xurídicos
Nesta sección ofrecémosche información sobre os termos xurídicos.
Demanda
Solicitude formal presentada ante un tribunal que inicia o procedemento xudicial.
Dilixencia
Documento emitido por un órgano xudicial que impulsa o procedemento ou constata unha actuación ou feitos.
Demandante
Persoa que inicia un procedemento xudicial mediante unha demanda.
Data de incoación
Data de inicio dun procedemento xudicial.
Data de estado
Data en que o procedemento mudou de estado.
Necesitas axuda?
Se tes unha consulta de carácter procesual ou administrativo
Podes dirixirte ao órgano xudicial competente no Directorio de órganos xudiciais ou ás Oficinas de atención á cidadanía.
Se tes un problema técnico
- Comproba que o teu equipo cumpre os requirimentos técnicos da sede.
- Se xa o fixeches e os problemas persisten contacta con soporte a través da nosa canle de whatsapp (697294684) ou o formulario de soporte técnico.