Rexistro electrónico de apoderamentos
O Servizo de Apud Acta permite ao cidadán dar de alta apoderamentos de maneira electrónica. Denomínase "Apud Acta" ao apoderamento realizado ante letrado/a da Administración de Xustiza, este apoderamento é totalmente gratuíto e pode obterse por comparecencia ante o/a letrado/a da Administración de Xustiza de calquera oficina xudicial ou ben mediante a Sede Xudicial Electrónica.
O Ministerio de Xustiza, a través da súa Sede Xudicial Electrónica, proporciona un servizo gratuíto de Apoderamento Apud Acta electrónico efectivo en todo o territorio nacional que permite realizar as seguintes accións:
- Dar de alta un apoderamento como comparecente/representante.
- Dar de alta un apoderamento como poderdante.
- Consultar o detalle dun apoderamento en calidade de comparecente/representante ou poderdante.
- Revogar ou prorrogar o apoderamento Apud Acta se o seu estado fose vixente.
- Descargar o xustificante do apoderamento.
Actualmente pódense outorgar Apud Actas de carácter xeral para preitos na seguinte ligazón.