Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Que é e para que serve

A través dela levarán a cabo as actuacións, procedementos e servizos que requiran a autenticación da Administración de Xustiza ou da cidadanía e profesionais por medios electrónicos


¿Que é a Sede Electrónica?

Trátase de «aquela dirección electrónica dispoñible para os cidadáns e cidadás a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a cada unha das administracións competentes en materia de Xustiza», acorde o define o artigo 8 do Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.

A Sede Xudicial Electrónica de Galicia é a principal canle de acceso electrónico da cidadanía á Administración de Xustiza en Galicia.

A quen vai dirixida

A Sede Xudicial está destinada a toda a cidadanía e aos profesionais que pretendan interactuar coa Administración de Xustiza en Galicia, asegurando o cumprimento das garantías procesuais.

Que podo facer

Mediante a Sede Xudicial Electrónica de Galicia, tanto os profesionais como a cidadanía, poden realizar trámites e acceder a distintos servizos como:

  • A presentación de escritos e consulta electrónica de procedementos xudiciais e extraxudiciais.
  • A consulta do estado dos expedientes xudiciais cos que se relaciona.
  • A comprobación da autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia.
  • A presentación de queixas e suxestións.
  • O acceso a contidos, como a carta de dereitos da cidadanía ou o calendario e hora oficiais, de interese para estes colectivos.
  • O acceso á solicitude de asistencia xurídica gratuíta.

Non atopas o que buscas?

Xunta de Galicia