Preguntas Frecuentes
Que é a Sede Xudicial Electrónica?
A Sede Xudicial Electrónica da Administración de Xustiza en Galicia, accesible a través da dirección electrónica https://sede.xustiza.gal, é o medio a través do cal a cidadanía e os profesionais que a representan poden exercer os seus dereitos de acceso á información e aos servizos electrónicos da Administración de Xustiza en Galicia pon a súa disposición neste espazo, tomando como base o disposto polo Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.
Que se pode facer nela?
Desde esta plataforma podes interactuar, por medios electrónicos, durante todos os días do ano e as 24 horas do día, cos órganos xudiciais que conforman a Administración de Xustiza en Galicia. Así, poderás consultar o estado dos expedientes nos que participa ou das túas sinalamentos, validar a autenticidade e integridade dos documentos asinados dixitalmente por esta Administración, ou acceder á información de como presentar directamente aqueles procedementos xudiciais nos que non é precisa a asistencia de letrado/a ou procurador/a.
É seguro empregar os servizos desta sede?
A comunicación entre o/a cidadán/á e esta sede prodúcese en condicións totalmente seguras e fiables. Para isto, entre outras accións, emprégase un protocolo seguro de comunicacións (https) co que se logran conexións máis seguras na rede. A sede, ademais, utiliza un Certificado de Sede que permite asegurar á cidadanía que o establecemento de comunicacións con ésta se realiza a través dunha canle segura e sen intrusión de terceiros.
Por outra banda, á hora de realizar trámites ou acceder á información dun expediente, requírese dispoñer dun certificado electrónico, o medio máis seguro para identificarse nas operacións que se realizan a través da rede e que garante en todo momento a identidade da persoa que está a acceder á información, controlando así que unicamente se proporciona esta información a aqueles que contan con lexítimo dereito de acceso a ela.
Así mesmo, o tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio está suxeito ás medidas de seguridade establecidas na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coas especificidades previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial e na lexislación procesual para a Administración de Xustiza.
A Sede Electrónica ven a ser o mesmo que unha oficina electrónica?
Non. As sedes electrónicas están reguladas por lei, polo que se lles esixen determinados requisitos e responsabilidades que non se esixen para as oficinas virtuais. En virtude disto, a Sede Electrónica tampouco é un portal web ao uso posto que, aínda que tamén ofrece contidos informativos e servizos, estes últimos sempre requiren de autenticación.
Que atopamos no apartado “A miña Sede” para a cidadanía?
Desde “A miña Sede”, a cidadanía dispón dun espazo que lle permite acceder á información privada e servizos para relacionarse coa Administración de Xustiza en Galicia con plenas garantías de seguridade.
A continuación, detállanse cada unha das pestanas que contén “A miña Sede”:
Toda a información que mostra en cada unha das categorías é relativa á persoa que se identificou como particular, excepto cando esta actúe como representante legal, en cuxo caso o contido que se mostrará será o da persoa representada.
- Inicio: Cando a persoa se identificara e acceda á área privada “A miña Sede” mostrarase a pantalla de inicio, que conterá a seguinte información destacada: os datos persoais co historial de acceso da persoa, as últimas 3 notificacións, últimos 3 borradores, últimas 3 presentacións, últimos 3 expedientes, últimas 3 descargas realizadas, os 3 próximas sinalamentos e preguntas frecuentes.
- As miñas notificacións: Para acceder ás notificacións enviadas pola Administración de Xustiza ás persoas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos. Permite aceptar as notificacións recibidas e consultar o seu detalle.
- Os meus escritos:
- Os meus borradores: Para continuar a presentación de solicitudes de escritos realizadas de maneira electrónica desde esta Sede e que quedaran en estado borrador.
- As miñas presentacións: Para consultar a información e documentación das solicitudes de escritos (iniciadores ou de trámite) presentadas de maneira electrónica desde esta Sede e coñecer o seu estado actual.
- Os meus expedientes: Para consultar o estado dos expedientes xudiciais nos que a persoa estea rexistrada como parte do procedemento xudicial en calquera órgano de Galicia. Nos casos nos que a persoa actúe directamente ante os órganos xudiciais sen estar representada por profesionais da xustiza, terá dispoñible o acceso ao detalle do expediente para consultar máis información, como a documentación detallada do expediente, solicitar a descarga individual de documentos ou completa, visualizar os sinalamentos e notificacións asociadas, consultar os escritos que presentase desde a Sede de maneira electrónica e presentar un escrito de trámite no procedemento que está a consultar.
A consulta ao expediente cando a persoa interveniente figure como demandada, será posible cando conste unha primeira notificación do órgano aceptada pola súa banda. - As miñas descargas:
- Descargas realizadas: Mostra o histórico das descargas que a persoa realizara de gravacións de vistas, expedientes administrativos e expedientes xudiciais.
- Descargas dispoñibles:
- Expediente xudicial: Permite descargarse o expediente xudicial electrónico solicitado previamente (inclúe gravacións de vistas e expediente administrativo nos casos que proceda).
- Expediente administrativo: Para descargar unicamente o expediente administrativo.
- Gravación vista: Para descargar unicamente a gravación.
- O meu calendario: Para consultar as sinalizacións dispoñibles nos procedementos xudiciais de Galicia nos que a persoa sexa parte.
Que atopamos no apartado “A miña Sede” para profesionais?
Desde “A miña Sede”, as persoas profesionais da Administración de Xustiza (Procuradores/as, Avogados/as, Graduados/as Sociais e Administradores/as Concursais) dispoñen dun espazo que lles permite acceder á información privada e servizos para relacionarse coa Administración de Xustiza en Galicia con plenas garantías de seguridade.
A continuación, detállanse cada unha das pestanas:
Toda a información que se mostra á persoa profesional na área privada, excepto os seus datos persoais, é relativa aos expedientes xudiciais nos que figura en representación dalgunha das partes.
- Inicio: Cando se identificara e acceda á área privada “A miña Sede” mostrarase a pantalla de inicio, que conterá a seguinte información destacada: os datos persoais co historial de acceso da persoa, os 3 últimos expedientes, as 3 últimas descargas realizadas, os 3 próximas sinalamentos e preguntas frecuentes.
- Expedientes: Para consultar o estado, a documentación detallada dos expedientes xudiciais, solicitar a súa descarga e consultar os sinalamentos asociadas nos que a persoa profesional, de maneira individual ou como membro dun colectivo, participe en representación dalgunha das partes do procedemento en calquera órgano xudicial de Galicia.
- Descargas:
- Descargas realizadas: Mostra o histórico das descargas que a persoa profesional realizara de gravacións de vistas, expedientes administrativos e expedientes xudiciais.
- Descargas dispoñibles:
- Expediente xudicial: Permite descargarse o expediente xudicial electrónico solicitado previamente (inclúe gravacións de vistas e expediente administrativo nos casos que proceda).
- Expediente administrativo: Para descargar unicamente o expediente administrativo.
- Grabación de vista: Para descargar unicamente a gravación.
- Calendario: Para consultar as sinalizacións dispoñibles dos procedementos xudiciais de Galicia nos que a persoa profesional participe en representación dalgunha das partes.
Necesitas axuda?
Se tes unha consulta de carácter procesual ou administrativo
Podes dirixirte ao órgano xudicial competente no directorio de organos xudiciais ou ás Oficinas de atención á cidadanía.
Se tes un problema técnico
- Comproba que o teu equipo cumpre os requirimentos técnicos da sede.
- Se xa o fixeches e os problemas persisten contacta con soporte a través da nosa canle de whatsapp ou o formulario de soporte técnico.