Calendario de días inhábiles
Considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais
Para o 2026, na Comunidade Autónoma de Galicia, son os que figuran no artigo 1 do Decreto 46/2025, do 9 de xuño, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2026 e na columna "Galicia" do anexo da Resolución do 17 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2026:
| Festivo | Data |
|---|---|
| Aninovo | 01/01/2026 |
| Día de Reis | 06/01/2026 |
| San Xosé | 19/03/2026 |
| Xoves Santo | 02/04/2026 |
| Venres Santo | 03/04/2026 |
| Festa do Traballo | 01/05/2026 |
| San Xoán | 24/05/2026 |
| Día Nacional de Galicia | 25/07/2026 |
| Asunción da Virxe | 15/08/2026 |
| Festa Nacional de España | 12/10/2026 |
| Inmaculada Concepción | 08/12/2026 |
| Natividade do Señor | 25/12/2026 |