Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Escrito de trámite xeral

Escrito remitido a un órgano xudicial con relación a un procedemento xa iniciado.

    Que é

    O escrito de trámite é aquel que se remite a un órgano xudicial con relación a un procedemento xudicial iniciado previamente.

    Para que serve

    A través deste escrito poderase realizar calquera solicitude ou comunicación á Administración de Xustiza e aplicarán a todas as tipoloxías de procedementos existentes. Para realizar a presentación, deberase incluír a seguinte información:

    • NIX
    • Tipo, número e ano de procedemento
    • Número da peza (no caso de que o procedemento asociado sexa unha peza separada)
    • Datos da persoa solicitante
    • Motivación do escrito e solicitude que se realiza

    Documentación que se debe presentar

    Poderase acompañar ao escrito toda a documentación que se considere conveniente e conteña datos de interese para o procedemento.

    Cal é o seu custo

    Taxas:

    Os escritos de trámite están exentos do pagamento de taxas xudiciais.

    Como solicitalo

    A presentación da solicitude poderá realizarse por calquera medio, xa sexa en forma presencial ou a través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia.

    O escrito deberá dirixirse ao órgano xudicial que tramite o procedemento, presentándoo no Servizo Común de Rexistro e Repartición ao que estea adscrito ou directamente no propio órgano no caso de que este fose único no partido xudicial.

    Pode atopar a localización e os datos das Oficinas de Rexistro e Repartición e os servizos comúns no Directorio Xudicial.

    Normativa

    Formas de presentación

    Tramitar en liña (Necesario certificado dixital ou DNI electrónico)

    Tramitar presencialmente

    Xunta de Galicia