Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Solicitude de intervención xudicial por videoconferencia

Escrito de solicitude para a realización dunha dilixencia por videoconferencia.

    Que é

    Trátase da posibilidade de intervir ou comparecer ante un órgano xudicial a través de videoconferencia ou outro sistema similar que permita a comunicación bidireccional e simultánea da imaxe e o son e a interacción visual, auditiva e verbal entre dúas persoas ou grupos de persoas xeograficamente distantes, asegurando en todo caso a posibilidade de contradición das partes e a salvagarda do dereito de defensa, de conformidade co que dispoñan as leis procesuais e a lei que regule o uso das tecnoloxías na Administración de Xustiza.

    Nestes casos, a identidade das persoas que interveñan a través da videoconferencia poderá acreditarse polos medios de identificación e sinatura electrónica que se determinen pola lei que regule o uso das tecnoloxías na Administración de Xustiza, respectándose o establecido nas leis procesuais.

    A solicitude deberá dirixirse ao órgano xudicial ante o cal debes comparecer, indicando, no seu caso, o motivo polo que solicitas esta modalidade de comparecencia, así como o partido xudicial no que radica o teu domicilio, desde onde se levara a cabo a práctica da videoconferencia.

    Actualmente, todos os Tribunais de Instancia en Galicia están dotados tecnoloxicamente co equipamento necesario que permite que a conexión con calquera órgano xudicial se realice a través dunha videoconferencia segura.

    Documentación que se debe presentar

    O formulario de solicitude dispoñible débese presentar por escrito ante o órgano competente e ser acompañado da documentación que permita acreditar os motivos que xustifican esta solicitude.

    Como solicitalo

    A presentación da solicitude poderá realizarse por calquera medio, xa sexa en forma presencial ou a través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia.

    A presentación desta solicitude levarase a cabo na Oficina de Atención á Cidadanía do teu partido xudicial ou, de non contar con esta, no Servizo Común de Rexistro e Repartición ou no Tribunal de Instancia no caso de que este fose único no teu partido xudicial.

    Así mesmo, unha vez estea habilitado, este trámite poderá completarse integramente de maneira telemática a través da Sede Xudicial Electrónica.

    Podes atopar a localización e datos dos servizos comúns indicados no Directorio Xudicial.

    Normativa

    Formas de presentación

    Tramitar en liña (Necesario certificado dixital ou DNI electrónico)

    Tramitar presencialmente

    Xunta de Galicia