Taboleiro Edictal Xudicial único
O Taboleiro Edictal Xudicial Único (TEXU) unifica a publicación de edictos xudiciais, acabando coa dispersión en taboleiros de anuncios en distintos boletíns oficiais.
As persoas interesadas poden consultar o suplemento de publicación do Taboleiro Edictal Xudicial Único a través da páxina do BOE.
Para facilitar o acceso, inclúese na portada un icono de Edictos Xudiciais. Tamén está dispoñible unha pestana co mesmo nome dentro da publicación diaria do Boletín Oficial do Estado.
A articulación legal do TEXU está refrendada polo Real Decreto 327/2021 de 11 de maio, polo que se modifica o Real Decreto 181/2008, de 8 de febreiro, de ordenación do diario oficial «Boletín Oficial del Estado», para adaptalo ao Taboleiro Edictal Xudicial Único.
Acceda ao TEXU a través de esta ligazón.