Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Preguntas Frecuentes


Que é a Sede Xudicial Electrónica?

A Sede Xudicial Electrónica da Administración de Xustiza en Galicia, accesible a través da dirección electrónica https://sede.xustiza.gal, é o medio a través do cal a cidadanía e os profesionais que a representan poden exercer os seus dereitos de acceso á información e aos servizos electrónicos da Administración de Xustiza en Galicia pon a súa disposición neste espazo, tomando como base o disposto polo Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado.

Que se pode facer nela?

Desde esta plataforma podes interactuar, por medios electrónicos, durante todos os días do ano e as 24 horas do día, cos órganos xudiciais que conforman a Administración de Xustiza en Galicia. Así, poderás consultar o estado dos expedientes nos que participa ou das túas sinalamentos, validar a autenticidade e integridade dos documentos asinados dixitalmente por esta Administración, ou acceder á información de como presentar directamente aqueles procedementos xudiciais nos que non é precisa a asistencia de letrado/a ou procurador/a.

É seguro empregar os servizos desta sede?

A comunicación entre o/a cidadán/á e esta sede prodúcese en condicións totalmente seguras e fiables. Para isto, entre outras accións, emprégase un protocolo seguro de comunicacións (https) co que se logran conexións máis seguras na rede. A sede, ademais, utiliza un Certificado de Sede que permite asegurar á cidadanía que o establecemento de comunicacións con ésta se realiza a través dunha canle segura e sen intrusión de terceiros.

Por outra banda, á hora de realizar trámites ou acceder á información dun expediente, requírese dispoñer dun certificado electrónico, o medio máis seguro para identificarse nas operacións que se realizan a través da rede e que garante en todo momento a identidade da persoa que está a acceder á información, controlando así que unicamente se proporciona esta información a aqueles que contan con lexítimo dereito de acceso a ela.

Así mesmo, o tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio está suxeito ás medidas de seguridade establecidas na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coas especificidades previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial e na lexislación procesual para a Administración de Xustiza.

Que é a guía de procedementos?

É a relación de procedementos e servizos postos ao dispor da cidadanía e dos profesionais que a representan pola Administración de Xustiza en Galicia na súa Sede Xudicial Electrónica, detallando as súas particularidades: cales poden ser tramitados electronicamente en todo ou en parte, a normativa aplicable, os formularios normalizados a utilizar en cada caso, a documentación coa que se deben acompañar...

A Sede Electrónica ven a ser o mesmo que unha oficina electrónica?

Non. As sedes electrónicas están reguladas por lei, polo que se lles esixen determinados requisitos e responsabilidades que non se esixen para as oficinas virtuais. En virtude disto, a Sede Electrónica tampouco é un portal web ao uso posto que, aínda que tamén ofrece contidos informativos e servizos, estes últimos sempre requiren de autenticación.

Como podo consultar o estado dos meus trámites?

Para consultar o estado no que se atopa un expediente tramitado na Administración de Xustiza en Galicia, no que participa como parte do procedemento (denunciante ou demandante ou, no caso da persoa demandada, a condición de que se lle notificara previamente o expediente) ou que, como profesional, actúa na defensa dalgunha das partes, só ten que acceder cun certificado dixital ou DNI electrónico á A miña Sede para cidadanía ou á A miña Sede para profesionais respectivamente.

Quen pode consultar o estado dos meus expedientes?

Soamente pode acceder a esta información o/a cidadán/á que presentou a demanda que deu lugar ao procedemento e os profesionais que representen a cada unha das partes que participan neste, verificándose a súa identidade mediante a autenticación co certificado electrónico correspondente.

Que é un certificado electrónico?

O certificado electrónico permite identificar electronicamente de forma unívoca a unha persoa.

Que certificados admite a Xunta de Galicia nesta Sede Electrónica?

Nestes momentos a Sede Electrónica da Administración de Xustiza en Galicia admite estes sistemas de sinatura electrónica.

Como podo obter un certificado electrónico?

O procedemento habitual consiste en realizar a solicitude do certificado a través da web da autoridade de certificación correspondente. Posteriormente, o/a solicitante debe acreditar a súa identidade nalgunha das oficinas habilitadas pola certificadora, onde obterá o código de solicitude que lle permitirá abordar o último paso, a descarga do certificado vía Internet.

Nestas ligazóns facilítase a información necesaria para a obtención dos certificados electrónicos de uso máis habitual polas persoas físicas:

Para que se emprega o Código de Verificación Electrónica?

O Código de Verificación Electrónica (CVE) serve para comprobar a autenticidade das copias en papel dos documentos asinados electronicamente. Os documentos electrónicos asinados dixitalmente pola Administración de Xustiza en Galicia conteñen un CVE impreso no lateral de cada páxina, isto é, un código composto por unha serie de números e letras que identifican, de forma unívoca, o seu contido. Aparece, por exemplo, nas disposicións, actos ou anuncios publicados pola Administración de Xustiza.

Onde podo consultar a información e os documentos que necesito para facer os meus trámites?

Xunto a cada trámite dispoñible para a cidadanía e profesionais, atoparás toda a información e os documentos que debes presentar para facer o trámite, xa sexa presencial ou en liña.

Como descargo unha gravación de vista?

A través da área privada “A Miña Sede” para cidadanía e profesionais, cando se reciba o localizador correspondente remitido desde o órgano xudicial, se accederá á opción “As miñas descargas”, “Descargas dispoñibles” e se seleccionará a opción “Gravación de vista”. Para localizar a gravación concreta introduciremos no buscador os datos do expediente ou o número do localizador facilitado polo xulgado.

Unha vez localizada a gravación da vista poderá realizar a súa descarga pulsando a icona da acción de descarga
.

Se ten unha incidencia ou non pode descargar a gravación, comuníqueo seguindo as indicacións que atopa no espazo "Soporte Técnico".

Como descargo un expediente administrativo co localizador?

A través da área privada “A Miña Sede” para cidadanía e profesionais, cando se reciba o localizador correspondente remitido desde o órgano xudicial, se accederá á opción “As miñas descargas”, “Descargas dispoñibles” e se seleccionará a opción “Expediente administrativo”. Para localizar o expediente concreto o número do localizador facilitado polo xulgado.


Unha vez localizado o expediente administrativo poderás realizar a súa descarga pulsando a icona da acción de descarga .

Se tes unha incidencia ou non podes descargar o expediente administrativo, comunícao seguindo as indicacións que atopas no espazo "Soporte Técnico".

Como podo enviar documentación de exceso de cabida en LexNET?

Cando teña lugar un exceso de cabida en LexNET, pode presentar a documentación restante de maneira telemática a través do apartado “Solicitudes-Documentación exceso de cabida” do portal ACCEDA-Justicia, que fai posible o envío dun único ficheiro ZIP de ata 4GB. Deste xeito, toda a documentación que non se puido entregar vía LexNET, pode ser presentada inmediatamente, unida ao escrito, no mesmo momento no quese realiza o rexistro na aplicación de xestión procesual, garantindo así a continuidade do Expediente Xudicial Electrónico.

Os destinatarios deste servizo son: avogados/as, procuradores/as, graduados/as sociais, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Avogacía do Estado, Servizos Xurídicos da Administración Pública, Servizos Xurídicos da Seguridade Social, Letrados/as das Cortes Xerais ou das Asembleas Lexislativas, administradores concursais, etc.

O uso de Acceda-Justicia evita que teñas que acudir presencialmente a entregar a documentación pois, o trámite, en lugar de realizarse como se levaba facendo tradicionalmente, de forma presencial, realízase agora a través do formulario dispoñible na páxina.

Se ten dúbidas sobre como realizar a presentación telemática da documentación de exceso de cabida en LexNET mediante ACCEDA-Justicia, pode consultar esta ficha dirixida a profesionais.

Lembre que, para que sexa posible enviar documentación mediante ACCEDA-Justicia, previamente debe existir un exceso de cabida en LexNET, que deberá xustificar incorporando ao formulario o escrito de acuse de exceso de cabida que pode descargar desde LexNET no momento en que realiza o envío.

Consulte aquí a ficha dirixida a profesionais na que se indica como enviar a documentación de exceso de cabida en LexNET a través de ACCEDA-Justicia.

Como podo descargar o Expediente Xudicial Electrónico na Sede?

A través da área privada “Os meus expedientes” para cidadanía e “Expedientes” para profesionais, para aqueles procedementos que teñan dispoñible a descarga completa mostrarase a icona desde a pantalla de procura e resultados do expediente .

Esta opción tamén estará dispoñible desde o detalle do expediente.

Ao pulsar sobre unha destas opcións mostrarase unha pantalla para solicitar a descarga.

Desde a pantalla “Solicitude de descarga do procedemento”, a persoa usuaria deberá indicar o correo electrónico no que quere recibir a información para a descarga.

Cando se reciba o correo informando de que a descarga solicitada xa se atopa dispoñible, tanto a cidadanía como o profesionais, accederán á área privada “A miña Sede”, “Descargas dispoñibles” e seleccionarán a opción “Expediente xudicial” para localizalo a través do buscador cos seus datos de identificación (NIX, órgano xudicial, número e ano).

Unha vez localizado o expediente xudicial poderá realizar a súa descarga pulsando a icona da acción de descarga .

Ten dispoñible para consulta esta folla de divulgación cos pasos para realizar a descarga na Sede Xudicial Electrónica.

Que órganos teñen dispoñible a compartición do Expediente Xudicial Electrónico?

Todos os órganos xudiciais de Galicia teñen dispoñible a compartición do Expediente Xudicial Electrónico.

Quen debe empregar o sistema de notificacións electrónicas?

O Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia do servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado, que modifica a Lei reguladora da Xurisdición Social e a Lei de Axuizamento Civil, establece que teñen a obriga de relacionarse coa Administración de Xustiza por medios electrónicos:

  • As persoas xurídicas
  • As entidades sen personalidade xurídica
  • Quen exerza unha actividade profesional que requira colexiación obrigatoria

No caso de que se trate da primeira citación ou emprazamento, a lei obriga a notificar por edictos. (parágrafo segundo do núm.1 do art. 155 LAC).

Cando debo consultar as notificacións electrónicas enviadas pola Adminsitración de Xustiza?

Hai un prazo de 3 días para aceptarr a correspondente notificación. No caso de non facelo a tempo, se se trata dun primeiro emprazamento ou unha citación, publicarase a mesma pola vía do Taboleiro Edictal Xudicial Único (TExU) para os efectos de dar por notificada a comunicación.

Lembra que se tes a obriga de recibir as notificacións de forma electrónica e accedes á notificación, rexeitas expresamente ou non accedes á mesma nun prazo de 3 días naturais desde que a recibes, o trámite da notificación terase por efectuado.

Como podo consultar as miñas notificacións electrónicas?

Accedendo a “A miña Sede (Cidadanía)” desde a pantalla de inicio, a persoa usuaria atopará as 3 últimas notificacións que teña para a súa consulta. Tamén poderá ver todas as notificacións dispoñibles desde a opción “As miñas notificacións”.

Unha vez localizada a notificación, as accións que poden realizarse sobre cada unha dependerán do estado no que se atope a mesma.

Tamén tes dispoñible para consulta esta folla de divulgación cos pasos para realizar a consulta das notificacións desde a Sede Xudicial Electrónica.

Pode consultar os órganos que actualmente teñen activa esta funcionalidade na seguinte pregunta frecuente: “Que órganos teñen dispoñible o envío de notificacións electrónicas?”.

Que órganos teñen dispoñible o envío de notificacións electrónicas?

Todos os órganos xudiciais de Galicia teñen disponible o envío de notificación electrónicas.

Que atopamos no apartado “A miña Sede” para profesionais?

Desde “A miña Sede”, as persoas profesionais da Administración de Xustiza (Procuradores/as, Avogados/as, Graduados/as Sociais e Administradores/as Concursais) dispoñen dun espazo que lles permite acceder á información privada e servizos para relacionarse coa Administración de Xustiza en Galicia con plenas garantías de seguridade.

A continuación, detállanse cada unha das pestanas:

Toda a información que se mostra á persoa profesional na área privada, excepto os seus datos persoais, é relativa aos expedientes xudiciais nos que figura en representación dalgunha das partes.

  • Inicio: Cando se identificara e acceda á área privada “A miña Sede” mostrarase a pantalla de inicio, que conterá a seguinte información destacada: os datos persoais co historial de acceso da persoa, os 3 últimos expedientes, as 3 últimas descargas realizadas, os 3 próximas sinalamentos e preguntas frecuentes.
  • Expedientes: Para consultar o estado, a documentación detallada dos expedientes xudiciais, solicitar a súa descarga e consultar os sinalamentos asociadas nos que a persoa profesional, de maneira individual ou como membro dun colectivo, participe en representación dalgunha das partes do procedemento en calquera órgano xudicial de Galicia.
  • Descargas:
    • Descargas realizadas: Mostra o histórico das descargas que a persoa profesional realizara de gravacións de vistas, expedientes administrativos e expedientes xudiciais.
    • Descargas dispoñibles:
      • Expediente xudicial: Permite descargarse o expediente xudicial electrónico solicitado previamente (inclúe gravacións de vistas e expediente administrativo nos casos que proceda).
      • Expediente administrativo: Para descargar unicamente o expediente administrativo.
      • Grabación de vista: Para descargar unicamente a gravación.
  • Calendario: Para consultar as sinalizacións dispoñibles dos procedementos xudiciais de Galicia nos que a persoa profesional participe en representación dalgunha das partes.

Que atopamos no apartado “A miña Sede” para a cidadanía?

Desde “A miña Sede”, a cidadanía dispón dun espazo que lle permite acceder á información privada e servizos para relacionarse coa Administración de Xustiza en Galicia con plenas garantías de seguridade.

A continuación, detállanse cada unha das pestanas que contén “A miña Sede”:

Toda a información que mostra en cada unha das categorías é relativa á persoa que se identificou como particular, excepto cando esta actúe como representante legal, en cuxo caso o contido que se mostrará será o da persoa representada.

  • Inicio: Cando a persoa se identificara e acceda á área privada “A miña Sede” mostrarase a pantalla de inicio, que conterá a seguinte información destacada: os datos persoais co historial de acceso da persoa, as últimas 3 notificacións, últimos 3 borradores, últimas 3 presentacións, últimos 3 expedientes, últimas 3 descargas realizadas, os 3 próximas sinalamentos e preguntas frecuentes.
  • As miñas notificacións: Para acceder ás notificacións enviadas pola Administración de Xustiza ás persoas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos. Permite aceptar as notificacións recibidas e consultar o seu detalle.
  • Os meus escritos:
    • Os meus borradores: Para continuar a presentación de solicitudes de escritos realizadas de maneira electrónica desde esta Sede e que quedaran en estado borrador.
    • As miñas presentacións: Para consultar a información e documentación das solicitudes de escritos (iniciadores ou de trámite) presentadas de maneira electrónica desde esta Sede e coñecer o seu estado actual.
  • Os meus expedientes: Para consultar o estado dos expedientes xudiciais nos que a persoa estea rexistrada como parte do procedemento xudicial en calquera órgano de Galicia. Nos casos nos que a persoa actúe directamente ante os órganos xudiciais sen estar representada por profesionais da xustiza, terá dispoñible o acceso ao detalle do expediente para consultar máis información, como a documentación detallada do expediente, solicitar a descarga individual de documentos ou completa, visualizar os sinalamentos e notificacións asociadas, consultar os escritos que presentase desde a Sede de maneira electrónica e presentar un escrito de trámite no procedemento que está a consultar.
    A consulta ao expediente cando a persoa interveniente figure como demandada, será posible cando conste unha primeira notificación do órgano aceptada pola súa banda.
  • As miñas descargas:
    • Descargas realizadas: Mostra o histórico das descargas que a persoa realizara de gravacións de vistas, expedientes administrativos e expedientes xudiciais.
    • Descargas dispoñibles:
      • Expediente xudicial: Permite descargarse o expediente xudicial electrónico solicitado previamente (inclúe gravacións de vistas e expediente administrativo nos casos que proceda).
      • Expediente administrativo: Para descargar unicamente o expediente administrativo.
      • Gravación vista: Para descargar unicamente a gravación.
  • O meu calendario: Para consultar as sinalizacións dispoñibles nos procedementos xudiciais de Galicia nos que a persoa sexa parte.

Que información móstrase en “A miña Sede” cando unha persoa actúa nun expediente xudicial de Galicia como representante legal dunha das partes do procedemento?

Cando unha persoa conectouse a “A miña Sede” actuando como representante legal, a información que se mostrará nos distintos apartados, excepto en “Os meus datos persoais”, corresponderá á persoa representada.

Onde podo recuperar unha presentación electrónica que estaba a realizar desde o apartado de “Trámites” desta Sede e que non puiden completar para o seu envío?

Desde a área privada “A miña Sede” a través de “Os meus borradores” dentro da pestana “Os meus escritos”, pódense recuperar a presentación que tiña pendente de finalizar.

Que información do expediente móstrase en “A miña Sede” para a cidadanía cando a persoa que sexa parte atópese representada por persoas profesionais xurídicas?

Terá dispoñible a consulta do estado do expediente desde a pestana “Os meus expedientes”. O resto de información, como a documentación detallada do expediente xudicial ou a descarga, poderalla facilitar a persoa profesional que lle representa. Así mesmo, desde a pestana “O meu Calendario” poderá consultar as sinalizacións xudiciais asociadas ao expediente.

Como podo ver os expedientes nos que actúo como persoa particular cando accedín a “A miña Sede” como persoa profesional?

A través da ligazón “Cambiar a particular” situado encima dos datos persoais pódese modificar o perfil.

Onde atopo os sinalamentos asociados aos meus expedientes xudiciais?

Desde a área privada “A miña Sede”, a través de “O meu Calendario” para cidadanía e “Calendario” para as persoas profesionais, pódese consular a axenda de sinalamentos asociados aos meus expedientes xudiciais e tamén desde o detalle dun expediente a través do enlace “Sinalamentos”.

Onde podo consultar os datos de contacto dun órgano xudicial?

A través da seguinte ligazón ao directorio xudicial podes consultar os datos de contacto dun órgano xudicial concreto: Directorio Xudicial.

Xunta de Galicia