Lista de servizos dispoñibles
Os servizos que están dispoñibles na sede xudicial electrónica son os que se indican a continuación:
Carpeta Persoal do Cidadán ou Profesional
Dentro da Sede Xudicial Electrónica de Galicia cóntase cun espazo persoal orientado a cidadáns e profesionais no que poderán acceder a certa información privada ou servizos con plenas garantías de seguridade. O acceso a este espazo require de autenticación mediante certificado dixital.
Os cidadáns poderán acceder ao estado dos distintos procedementos nos que participan como denunciantes ou demandantes, así como aos sinalamentos relacionados con estes.
Os profesionais poderán acceder tamén ao estado dos expedientes dos que forman parte, neste caso independentemente do rol do seu representado.
En consonancia coa evolución da Administración Xudicial electrónica incorporaranse, paulatinamente, nestes espazos da Sede Xudicial Electrónica de Galicia novos servizos, na procura dunha máis áxil e mellor relación dos cidadáns e os profesionais que os representan coa Administración de Xustiza en Galicia.
Procedemento monitorio
Mediante este procedemento é posible reclamar, sen necesidade de avogado/a e procurador/a, o pago de débedas monetarias de calquera importe, sempre que se reúnan os requirimentos legalmente previstos e se dispoña dos documentos acreditativos que esixe este tipo de procedemento.
Pode consultar aquí como levar a cabo este proceso e descargar os formularios oportunos.
Procedemento monitorio na xurisdición social
Mediante este procedemento é posible reclamar, sen necesidade de avogado/a e procurador/a, débedas monetarias líquidas, determinadas, vencidas e esixibles de calquera contía, sempre que se reúnan os requirimentos legalmente previstos e se dispoña dos documentos acreditativos que esixe este tipo de procedemento. O seu obxecto limítase a reclamacións de carácter económico orixinarios dunha relación laboral entre empregado e empresario, non podendo estenderse a outro tipo de obrigas.
Pode consultar aquí como levar a cabo este proceso e descargar os formularios oportunos.
Procedemento xurisdición voluntaria
Mediante este procedemento é posible que o titular de dereitos ou intereses lexítimos poida promover un expediente de xurisdición voluntaria sen necesidade de avogado/a e procurador/a naqueles casos nos que se reúnan os requirimentos legalmente previstos.
Considéranse expedientes de xurisdición voluntaria para os efectos da Lei de Xurisdición Voluntaria aqueles que requiran a intervención dun órgano xurisdicional para a tutela de dereitos e intereses en materia de Dereito civil e mercantil e nos que non exista controversia que deba substanciarse nun proceso contencioso.
Pode consultar aquí como levar a cabo este proceso e descargar os formularios oportunos.
Procedemento demanda de xuízo verbal
Mediante este procedemento é posible reclamar a través de xuízo verbal cantidades que non excedan de 2.000 € mediante a presentación dun escrito de demanda sen a intervención nin de avogado/a nin de procurador/a.
Pode consultar aquí como levar a cabo este proceso e descargar os formularios oportunos.
Procedemento conciliación
Mediante este procedemento é posible poñer fin a un conflito entre particulares mediante unha solicitude amigable pactada entre as partes, sen necesidade de avogado/a nin procurador/a, sempre que este procedemento se utilice coa finalidade de chegar a un acordo para evitar un preito.
Pode consultar aquí como levar a cabo este proceso e descargar os formularios oportunos.
Código Seguro de Verificación (CSV)
Servizo para a validación da sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento asinado dixitalmente por un ou varios representantes da Administración de Xustiza en Galicia a partir do seu Código Seguro de Verificación.
Servizo de verificación de documentos asinados.
Queixas e suxestións
Espazo para a formulación de queixas e suxestións con respecto ao servizo que presta a Sede Xudicial Electrónica de Galicia.