Solicitude de información, copia, testemuña ou certificación
Que é
Trátase dunha solicitude de información que se presenta, mediante o correspondente formulario, ante a oficina xudicial que tramita o procedemento, segundo establece o artigo 140.1 da Lei de Axuizamento Civil: «Os/As Letrados/as da Administración de Xustiza e funcionarios/as competentes da oficina xudicial facilitarán a calquera persoas que acrediten un interese lexítimo e directo canta información soliciten sobre o estado das actuacións xudiciais, que poderán examinar e coñecer, salvo que sexan ou fosen declaradas como reservadas conforme á lei. Tamén poderán pedir aquelas, á súa costa, a obtención de copias simples de escritos e documentos que consten nos autos, non declarados reservados».
Poderao solicitar a propia persoa interesada ou mediante o avogado/a, procurador/a ou graduado/a social que a represente.
Documentación que se debe presentar
O formulario de solicitude dispoñible debe presentarse por escrito ante o órgano competente e ser acompañado da documentación que permita acreditar os motivos que xustifican esta solicitude e, no caso de ser solicitado polo/a representante, o documento que acredita dita representación.
Cal é o seu custo
Taxas:
Os escritos de trámite están exentos do pagamento de taxas xudiciais.
Como solicitalo
A presentación da solicitude poderá realizarse por calquera medio, xa sexa en forma presencial ou a través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia.
O escrito deberá dirixirse ao órgano xudicial que tramite o procedemento, presentándoo no Servizo Común de Rexistro e Repartición ao que estea adscrito ou directamente no propio órgano no caso de que este fose único no partido xudicial.
Pode atopar a localización e os datos das Oficinas de Rexistro e Repartición e os servizos comúns no Directorio Xudicial.
Normativa
Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil .
Lei 15/2015, do 2 de xullo, da la Xurisdición Voluntaria.
Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da la Xurisdición Social.
Calquera outra norma aplicable ao procedemento concreto ao que se dirixa o escrito.