Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Preguntas Frecuentes


Como podo consultar o estado dos meus trámites?

Para consultar o estado no que se atopa un expediente tramitado na Administración de Xustiza en Galicia, no que participa como parte do procedemento (denunciante ou demandante ou, no caso da persoa demandada, a condición de que se lle notificara previamente o expediente) ou que, como profesional, actúa na defensa dalgunha das partes, só ten que acceder cun certificado dixital ou DNI electrónico á A miña Sede para cidadanía ou á A miña Sede para profesionais respectivamente.

Para que se emprega o Código de Verificación Electrónica?

O Código de Verificación Electrónica (CVE) serve para comprobar a autenticidade das copias en papel dos documentos asinados electronicamente. Os documentos electrónicos asinados dixitalmente pola Administración de Xustiza en Galicia conteñen un CVE impreso no lateral de cada páxina, isto é, un código composto por unha serie de números e letras que identifican, de forma unívoca, o seu contido. Aparece, por exemplo, nas disposicións, actos ou anuncios publicados pola Administración de Xustiza.

Onde podo consultar a información e os documentos que necesito para facer os meus trámites?

Xunto a cada trámite dispoñible para a cidadanía e profesionais, atoparás toda a información e os documentos que debes presentar para facer o trámite, xa sexa presencial ou en liña.

Como descargo unha gravación de vista?

A través da área privada “A Miña Sede” para cidadanía e profesionais, cando se reciba o localizador correspondente remitido desde o órgano xudicial, se accederá á opción “As miñas descargas”, “Descargas dispoñibles” e se seleccionará a opción “Gravación de vista”. Para localizar a gravación concreta introduciremos no buscador os datos do expediente ou o número do localizador facilitado polo xulgado.

Unha vez localizada a gravación da vista poderá realizar a súa descarga pulsando a icona da acción de descarga
.

Se ten unha incidencia ou non pode descargar a gravación, comuníqueo seguindo as indicacións que atopa no espazo "Soporte Técnico".

Como podo consultar as miñas notificacións electrónicas?

Accedendo a “A miña Sede (Cidadanía)” desde a pantalla de inicio, a persoa usuaria atopará as 3 últimas notificacións que teña para a súa consulta. Tamén poderá ver todas as notificacións dispoñibles desde a opción “As miñas notificacións”.

Unha vez localizada a notificación, as accións que poden realizarse sobre cada unha dependerán do estado no que se atope a mesma.

Tamén tes dispoñible para consulta esta folla de divulgación cos pasos para realizar a consulta das notificacións desde a Sede Xudicial Electrónica.

Pode consultar os órganos que actualmente teñen activa esta funcionalidade na seguinte pregunta frecuente: “Que órganos teñen dispoñible o envío de notificacións electrónicas?”.

Cando debo consultar as notificacións electrónicas enviadas pola Adminsitración de Xustiza?

Hai un prazo de 3 días para aceptarr a correspondente notificación. No caso de non facelo a tempo, se se trata dun primeiro emprazamento ou unha citación, publicarase a mesma pola vía do Taboleiro Edictal Xudicial Único (TExU) para os efectos de dar por notificada a comunicación.

Lembra que se tes a obriga de recibir as notificacións de forma electrónica e accedes á notificación, rexeitas expresamente ou non accedes á mesma nun prazo de 3 días naturais desde que a recibes, o trámite da notificación terase por efectuado.

Que órganos teñen dispoñible o envío de notificacións electrónicas?

Todos os órganos xudiciais de Galicia teñen disponible o envío de notificación electrónicas.

Quen debe empregar o sistema de notificacións electrónicas?

O Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia do servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado, que modifica a Lei reguladora da Xurisdición Social e a Lei de Axuizamento Civil, establece que teñen a obriga de relacionarse coa Administración de Xustiza por medios electrónicos:

  • As persoas xurídicas
  • As entidades sen personalidade xurídica
  • Quen exerza unha actividade profesional que requira colexiación obrigatoria

No caso de que se trate da primeira citación ou emprazamento, a lei obriga a notificar por edictos. (parágrafo segundo do núm.1 do art. 155 LAC).

Como descargo un expediente administrativo co localizador?

A través da área privada “A Miña Sede” para cidadanía e profesionais, cando se reciba o localizador correspondente remitido desde o órgano xudicial, se accederá á opción “As miñas descargas”, “Descargas dispoñibles” e se seleccionará a opción “Expediente administrativo”. Para localizar o expediente concreto o número do localizador facilitado polo xulgado.


Unha vez localizado o expediente administrativo poderás realizar a súa descarga pulsando a icona da acción de descarga .

Se tes unha incidencia ou non podes descargar o expediente administrativo, comunícao seguindo as indicacións que atopas no espazo "Soporte Técnico".

Xunta de Galicia