Requirimentos técnicos
Para poder utilizar os servizos privados da Sede Xudicial Electrónica de Galicia con plenas garantías de seguridade é preciso contar cun certificado dixital válido, instalado no navegador, no DNIe ou nunha tarxeta criptográfica.
Neste apartado pode atopar as características destes certificados, o seu modo de uso ou instalación, así como outros requirimentos técnicos aconsellados para unha óptima visualización e usabilidade de todos os contidos e servizos desta Sede.
Requirimentos técnicos para o acceso aos contidos e servizos persoais da Sede Xudicial Electrónica de Galicia:
Para poder facer uso dos servizos da Sede Xudicial Electrónica de Galicia debe estar en posesión dun certificado dixital válido, instalado no navegador, no DNIe ou nunha tarxeta criptográfica, dos admitidos para os distintos perfís por esta Sede, de xeito que sexa posible verificar a súa identidade.
Para coñecer os certificados persoais admitidos pola Sede Xudicial Electrónica pode consultar a seguinte ligazón.
Para a sinatura de presentacións telemáticas é preciso ter instalada a aplicación Autofirma. Pode descargala na seguinte ligazón.
- Descargue o Manual de instalación e descarga de Autofirma -Windows
- Descargue o Manual de instalación e descarga de Autofirma -Linux
- Descargue o Manual de instalacion e descarga de Autofirma -Mac
Recomendacións técnicas para a visualización de vídeos de vistas:
Para a correcta visualización dos vídeos e mellorar a experiencia das persoas usuarias recoméndase o uso do reproductor Via que pode descargas desde a seguinte ligazón.
Requisitos técnicos para o correcto funcionamento e visualización dos contidos e servizos da Sede Xudicial Electrónica de Galicia:
O seu equipo debe utilizar:
- Algún destes sistemas operativos compatibles:
- Linux (probado con Ubuntu 16.04)
- Microsoft Windows 7 ou superior (probado con Windows 7/10)
- MAC (probado con OS Sierra 10.12)
- Algún dos navegadores soportados:
- Microsoft Windows: Google Chrome, Mozilla Firefox ou Microsoft Edge
- Linux: Mozilla Firefox
- MAC: Google Chrome, Mozilla Firefox ou Safari
- Ter instalada a aplicación Autofirma. Pode descargala na seguinte ligazón: https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html
- A resolución de pantalla recomendada, que non obrigatoria, para a correcta visualización dos contidos e servizos desta sede é 1024x768 píxeles.
Se precisa dalgunha explicación adicional ás indicadas neste espazo non dubide en realizarnos unha consulta a través das distintas canles habilitadas.