Verificación de documentos asinados (CVE)
A través deste servizo poderás comprobar a integridade e autenticidade dun documento asinado dixitalmente pola Administración de Xustiza en Galicia.
Que é
O CVE (Código de Verificación Electrónica) é un conxunto de números e letras que se atopa nos documentos electrónicos asinados dixitalmente pola Administración de Xustiza en Galicia e que serve para verificar a autenticidade das copias dun documento.
Quen pode acceder
Calquera persoa que necesite comprobar a validez dun documento en formato electrónico ou en papel con CVE emitido por medios telemáticos pode facelo accedendo a este servizo.
Como funciona
Primeiro, deberás introducir o seu certificado electrónico; a continuación, a aplicación requirirá os díxitos que forman o CVE (que atoparás nalgunha das marxes do documento) e por último, recibirás a descarga do documento electrónico equivalente coas firmas electrónicas incorporadas.