Glosario de termos xurídicos
Nesta sección ofrecémosche información sobre os termos xurídicos.
Embargo
Retención xudicial de bens para cubrir responsabilidades derivadas do procedemento.
Escrito
Documento presentado ante un órgano xudicial.
Executoria
Procedemento xudicial destinado a dar cumprimento ás resolucións xudiciais na orde penal. Iníciase cando recae sentenza condenatoria e nel tramítase todo o relativo á execución da pena.
Escrito iniciador
Documento que inicia un novo procedemento xudicial.
Estado do expediente
Situación procesual na que se atopa un procedemento.
Expediente
Conxunto de documentos pertencentes a unha mesma causa xudicial.
Expediente electrónico
Conxunto de documentos dixitais xestionados nun proceso xudicial.
Escrito de trámite
Documento presentado para un procedemento en curso.
Información mantida e publicada en internet pola Xunta de Galicia, 2026
Necesitas axuda?
Se tes unha consulta de carácter procesual ou administrativo
Podes dirixirte ao órgano xudicial competente no directorio de organos xudiciais ou ás Oficinas de atención á cidadanía.
Se tes un problema técnico
- Comproba que o teu equipo cumpre os requirimentos técnicos da sede.
- Se xa o fixeches e os problemas persisten contacta con soporte a través da nosa canle de whatsapp ou o formulario de soporte técnico.