Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Glosario de termos xurídicos

Nesta sección ofrecémosche información sobre os termos xurídicos.


Audiencia

Actuación dentro dun procedemento. "Actuación procesual para a práctica de probas, celebración de vistas e comparecencias co obxectivo de escoitar as partes antes de ditar unha resolución" (art. 138 LEC).

Apelación

Recurso que se presenta para que unha instancia superior revise unha decisión xudicial.

Acto administrativo

Decisión oficial tomada por unha autoridade pública.

Acusado

Persoa a quen se lle imputa un delito.

Avogado

Profesional que defende os intereses dunha persoa nun proceso xudicial.

Apud acta

Denomínase "Apud Acta" ao apoderamento realizado ante letrado/a da Administración de Xustiza. Este apoderamento é totalmente gratuíto e pódese obter por comparecencia ante o/a letrado/a da Administración de Xustiza de calquera oficina xudicial ou ben mediante a Sede Xudicial Electrónica.

Apoderamento

Otorgamento de facultades para representar a alguén en procedementos xudiciais.

Acta

Documento que certifica un feito ou acordo.

Auto

Resolución xudicial de carácter procesal.

Apoderamento electrónico

Delegación de representación para realizar trámites en liña.

Acusación

Imputación dun delito a unha persoa.
Xunta de Galicia