Actuación dentro dun procedemento. "Actuación procesual para a práctica de probas, celebración de vistas e comparecencias co obxectivo de escoitar as partes antes de ditar unha resolución" (art. 138 LEC).
Apelación
Recurso que se presenta para que unha instancia superior revise unha decisión xudicial.
Acto administrativo
Decisión oficial tomada por unha autoridade pública.
Acusado
Persoa a quen se lle imputa un delito.
Avogado
Profesional que defende os intereses dunha persoa nun proceso xudicial.
Apud acta
Denomínase "Apud Acta" ao apoderamento realizado ante letrado/a da Administración de Xustiza. Este apoderamento é totalmente gratuíto e pódese obter por comparecencia ante o/a letrado/a da Administración de Xustiza de calquera oficina xudicial ou ben mediante a Sede Xudicial Electrónica.
Apoderamento
Otorgamento de facultades para representar a alguén en procedementos xudiciais.
Acta
Documento que certifica un feito ou acordo.
Auto
Resolución xudicial de carácter procesal.
Apoderamento electrónico
Delegación de representación para realizar trámites en liña.
Acusación
Imputación dun delito a unha persoa.
Conciliación
Procedemento para intentar resolver conflitos sen xuízo.
Demanda
Solicitude formal presentada ante un tribunal que inicia o procedemento xudicial.
Dilixencia
Documento emitido por un órgano xudicial que impulsa o procedemento ou constata unha actuación ou feitos.
Demandante
Persoa que inicia un procedemento xudicial mediante unha demanda.
Data de incoación
Data de inicio dun procedemento xudicial.
Data de estado
Data en que o procedemento mudou de estado.
Embargo
Retención xudicial de bens para cubrir responsabilidades derivadas do procedemento.
Escrito
Documento presentado ante un órgano xudicial.
Executoria
Procedemento xudicial destinado a dar cumprimento ás resolucións xudiciais na orde penal. Iníciase cando recae sentenza condenatoria e nel tramítase todo o relativo á execución da pena.
Escrito iniciador
Documento que inicia un novo procedemento xudicial.
Estado do expediente
Situación procesual na que se atopa un procedemento.
Expediente
Conxunto de documentos pertencentes a unha mesma causa xudicial.
Expediente electrónico
Conxunto de documentos dixitais xestionados nun proceso xudicial.
Escrito de trámite
Documento presentado para un procedemento en curso.
Fiscalía/Ministerio Fiscal
Órgano que promove a acción da xustiza en defensa da legalidade e do interese público.
Interrogatorio
Preguntas dirixidas a unha parte ou testemuña en xuízo.
Inhabilitación
Sanción que priva de dereitos ou funcións.
Incoar
Iniciar a tramitación dun procedemento xudicial.
Litis
Controversia xudicial entre partes.
NIG
O NIG (Número de Identificación Xeral) é un código único asignado a cada procedemento xudicial en España. Serve para identificar de forma precisa os expedientes nos órganos xudiciais e facilita a súa consulta e seguimento a través de plataformas electrónicas como a sede xudicial. Este número é clave para localizar casos dentro do sistema xudicial e garantir a correcta xestión da documentación asociada a un proceso.
Notificación
Comunicación formal dunha resolución.
Procedemento monitorio civil
Procedemento especial para a reclamación de débedas líquidas e esixibles, regulado pola Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, regulada nos seus artigos 812 e seguintes. Serve para a reclamación de débedas dinerarias de calquera importe, sempre que sexan líquidas, determinadas, vencidas e esixibles. O procedemento monitorio preséntase como un instrumento rápido, sinxelo e eficaz para a xestión da cobranza deste tipo de débedas.
Procedemento monitorio xurisdición social
Trátase dun procedemento áxil para a reclamación, por parte dunha persoa traballadora fronte á persoa empregadora, de débedas dinerarias derivadas da relación laboral entre ambos.
Procedemento xurisdición voluntaria en materia de persoas
Trátase daqueles procedementos nos que se requira a intervención dun órgano xudicial para a tutela de dereitos e intereses das persoas nos que non exista controversia. Respecto á materia concreta de persoas, a Lei 15/2015, do 2 de xullo, de Xurisdición Voluntaria regula os procedementos que inclúe no seu título II. A través da Sede Xudicial Electrónica poderanse presentar os relativos a provisión de medidas de apoio a persoas con discapacidade, tutela, curatela e garda de feito.
Procedemento de conciliación
Trátase dun procedemento no que as partes tratan de chegar a un acordo que beneficie a ambas co fin de evitar un pleito.
Providencia
Resolución xudicial sobre cuestións procesuais.
Procedemento de consignación xudicial
É un procedemento polo cal a persoa devedora pon á disposición do órgano xudicial a cousa debida á persoa acreedora cando non é posible a súa entrega ou esta se nega a recibila.
Persoa xurídica
Organización de persoas, ou de persoas e de bens á que o Dereito recoñece capacidade para ser suxeito de dereitos e obrigacións (Ej: as corporacións, asociacións, sociedades e fundacións).
Procedemento xudicial
Conxunto de actuacións ante un órgano xudicial para resolver un asunto.
Procedemento de execución de título xudicial (civil / social)
É un procedemento mediante o cal unha persoa pode solicitar ao xulgado que faga cumprir o que se establece nunha sentenza, auto ou decreto firmes, que puxesen fin a un procedemento anterior cando a persoa condenada non o faga voluntariamente.
Parte
Persoa física ou xurídica que intervén nun proceso xudicial.
Procurador
Profesional do Dereito que, en posesión do título universitario habilitante para o seu exercicio e, en xeral, da colexiación obrigatoria, encárgase da representación procesual das partes en litixio #ante os xulgados e tribunais e, singularmente, a través de quen se realiza os actos de comunicación procesual coas partes acudidas.
Peritaxe
Informe elaborado por un experto nun xuízo.
Persoa física
Individuo con capacidade xurídica para ser titular de dereitos e obrigas.
Recurso
Medio de impugnación regulado pola norma procesual a través do cal as partes que resulten prexudicadas por unha resolución do órgano xurisdicional (tribunal ou LAJ) poden obter a modificación ou a revogación da devandita resolución, xa sexa polo mesmo órgano que a ditou ou por outro tribunal superior.
Sentenza
Resolución final dun xuez ou tribunal.
Sentenza firme
Sentenza que xa non admite recurso.
Sinalamento
Fijación do día e hora para un xuízo ou dilixencia.
Testemuña
Persoa que declara nun xuízo sobre feitos relevantes.
Tutela
Protección xurídica dunha persoa por outra.
Vista
Actuación pública nun tribunal para preparar ou celebrar un xuízo e escoitar as partes.
Xuízo
Actuación dentro dun procedemento xudicial.
Xuízo verbal
A Lei de Axuizamento Civil (LAC) prevé a posibilidade de reclamar, a través do Xuízo Verbal, débedas de ata 15.000€. En contías inferiores a 2.000€ non será necesario comparecer asistido de avogado/a e procurador/a. Este procedemento está regulado nos artigos 437 a 447 da Lei de Axuizamento Civil, do 7 de xaneiro de 2000.
Xulgado
Órgano xudicial unipersoal que resolve asuntos legais.
Xurisdición
Poder de aplicar a lei nun ámbito territorial.
Necesitas axuda?
Se tes unha consulta de carácter procesual ou administrativo
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Podes obter máis información na
Política de privacidade