Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Verificación de documentos asinados (CVE)

A través deste servizo poderás comprobar a integridade e autenticidade dun documento asinado dixitalmente pola Administración de Xustiza en Galicia. 

Que é

O CVE (Código de Verificación Electrónica) é un conxunto de números e letras que se atopa nos documentos electrónicos asinados dixitalmente pola Administración de Xustiza en Galicia e que serve para verificar a autenticidade das copias dun documento.

Quen pode acceder

Calquera persoa que precise comprobar a validez dun documento en formato electrónico ou en papel con CVE emitido por medios telemáticos pode facelo accedendo a este servizo. A aplicación requirirá entón os díxitos que forman o CVE que acompaña o documento e recibirás o documento electrónico equivalente coas sinaturas electrónicas incorporadas. O/A usuario/a pode, así, realizar o cotexo co seu documento. 

Como funciona

Introduce a continuación o CVE que atoparás nalgunha das marxes do documento e, se é auténtico, descargarase no teu dispositivo. 

Non atopas o que buscas?

Xunta de Galicia