Información sobre os servizos
Principais servizos a disposición da cidadanía
A miña Sede para a cidadanía
Trátase dun espazo persoal orientado á cidadanía onde se poderá acceder á información privada e servizos que permiten a súa relación coa Administración de Xustiza en Galicia con plenas garantías de seguridade.
Actualmente, desde este espazo os/as cidadáns/ás poden acceder a:
- As miñas notificacións:
Para acceder ás notificacións enviadas pola Administración de Xustiza ás persoas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos. Permite aceptar as notificacións recibidas e consultar o seu detalle.
Para saber como facelo consulte esta folla de divulgación.
Na páxina de preguntas frecuentes pode consultar que órganos teñen dispoñible o envío de notificacións electrónicas, así como outra información para saber quen debe utilizar este sistema, cando e como.
- Os meus escritos:
-
Os meus borradores: para continuar coa presentación de solicitudes de escritos (iniciadores ou de trámite) realizados de maneira electrónica a través dos apartado “Trámites para a cidadanía” desta Sede e que quedaran en estado borrador.
-
As miñas presentacións: para consultar a información e documentación das solicitudes de escritos (iniciadores ou de trámite) presentadas de maneira electrónica desde os apartado “Trámites para a cidadanía” desta Sede e coñecer o seu estado actual.
-
Os meus expedientes: para consultar o estado dos expedientes xudiciais nos que a persoa estea rexistrada como parte do procedemento xudicial en calquera órgano de Galicia. Nos casos nos que a persoa actúe directamente ante os órganos xudiciais sen estar representado/a por os e as profesionais da xustiza, poderán tamén consultar o detalle do expediente e solicitar a súa descarga. A consulta ao expediente cando o interveniente figure como demandado será posible cando conste unha primeira notificación do órgano aceptada pola súa banda.
-
- As miñas descargas:
-
Descargas realizadas: mostra o histórico das descargas que o, ou, a persoa realizase de gravacións de vistas, expedientes administrativos e expedientes xudiciais.
-
Descargas dispoñibles:
-
Expediente xudicial: permite descargarse o expediente xudicial electrónico solicitado previamente (inclúe gravacións de vistas e expediente administrativo nos casos que proceda).
-
Expediente administrativo: para descargar unicamente o expediente administrativo.
-
Gravación de vista: para descargar unicamente a gravación.
-
-
-
O meu calendario: para consultar os sinalamentos dispoñibles nos procedementos xudiciais de Galicia nos que a persoa sexa parte.
O acceso a este espazo require autenticación mediante certificado dixital ou DNI electrónico.
Catálogo de procedementos
É o inventario de procedementos xudiciais nos que o/a cidadán/á pode participar sen representación de avogado/a ou procurador/a co fin de facilitar a información e formularios precisos para levala a cabo. Nalgúns destes procedementos está habilitada a presentación telemática directamente na Sede Xudicial Electrónica.
Na ficha do detalle de cada procedemento do catálogo móstrase unha breve presentación do procedemento, a relación da documentación que se debe presentar con el, onde acudir para a súa presentación, a normativa relacionada, un conxunto de preguntas frecuentes que axuden á cidadanía a entender o devandito procedemento e o formulario normalizado para a súa presentación.
Código de Verificación Electrónica (CVE)
Servizo para a validación da sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento asinado dixitalmente por un ou varios representantes da Administración de Xustiza en Galicia a partir do seu Código de Verificación Electrónica.
Rexistro electrónico de apoderamentos
Servizo que permite á cidadanía, a través dun servizo proporcionado polo Ministerio de Xustiza na súa Sede Xudicial Electrónica, as seguintes opcións:
- Dar de alta un apoderamento como comparecente/representante.
- Dar de alta un apoderamento como poderdante.
- Consultar o detalle dun apoderamento en calidade de comparecente/representante ou poderdante.
- Revogar ou prorrogar o apoderamento apud acta se o seu estado fose vixente.
- Descargar o xustificante do apoderamento.
Taboleiro Edictal Xudicial Único (TEXU)
Este taboleiro unifica a publicación de edictos xudiciais, acabando coa dispersión en taboleiros de anuncios en distintos boletíns oficiais.
Principais servizos a disposición dos e das profesionais
A miña Sede para profesionais
Este é o espazo no que os e as profesionais poderán acceder a información privada e servizos que permiten a súa relación coa Administración de Xustiza en Galicia con plenas garantías de seguridade.
Actualmente, desde este espazo poden acceder a:
- Expedientes:
para consultar o estado, a documentación detallada dos expedientes xudiciais ou solicitar a súa descarga nos que o/a profesional, de maniera individual ou como membro dun colectivo, participe en representación dalgunha das partes do procedemento en calquera órgano xudicial de Galicia.
- Descargas:
-
Descargas realizadas: mostra o histórico das descargas que o/a profesional realizara de gravacións de vistas, expedientes administrativos e expedientes xudiciais.
-
Descargas dispoñibles:
-
Expediente xudicial: permite descargarse o expediente xudicial electrónico solicitado previamente (inclúe gravacións de vistas e expediente administrativo nos casos que proceda).
-
Expediente administrativo: para descargar unicamente o expediente administrativo.
-
Gravación de vista: para descargar unicamente a gravación.
-
-
-
Calendario: Para consultar os sinalamentos dispoñibles dos procedementos xudiciais de Galicia nos que o/a profesional participe como representación dalgunha das partes.
O acceso a este espazo require autenticación mediante certificado dixital ou DNI electrónico.
Catálogo de procedementos
Acceso aos formularios normalizados para a presentación dunha serie de escritos iniciadores e de trámite, entre os que se atopan:
Código de Verificación Electrónica (CVE)
Servizo para a validación da sinatura electrónica e a integridade e autenticidade dun documento asinado dixitalmente por un ou varios representantes da Administración de Xustiza en Galicia a partir do seu Código de Verificación Electrónica.
Rexistro electrónico de apoderamentos
Servizo que permite o acceso e xestión dos apoderamentos apud acta dados de alta eletronicamente polos/as cidadáns/ás e a descarga do seu correspondente xustificante.
Taboleiro Edictal Xudicial Único (TEXU)
Este taboleiro unifica a publicación de edictos xudiciais, acabando coa dispersión en taboleiros de anuncios en distintos boletíns oficiais.