Identificación e titularidade
A través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia realizaranse todas as actuacións, procedementos e servizos dixitais que requiran a autenticación da Administración de Xustiza ou da cidadanía ou dos/as profesionais que os representan, conforme o dispón a Orde do 22 de setembro de 2016, pola que se crea e regúlase a sede xudicial electrónica de Galicia.
A súa titularidade correspóndelle á Consellería competente en materia de provisión de medios persoais, materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza en Galicia.
A xestión tecnolóxica da Sede Xudicial Electrónica de Galicia será levada a cabo pola entidade institucional con competencia en materia de desenvolvemento tecnolóxico da Administración de Xustiza en Galicia.
Serán responsables da xestión e os servizos postos a disposición da cidadanía e profesionais na Sede Xudicial Electrónica de Galicia os órganos administrativos designados a tal efecto polos departamentos da Xunta de Galicia competentes na materia. Do mesmo xeito, a responsabilidade dos contidos corresponderá ao órgano que orixine dita información.
Tal e como se regula no artigo 2 da Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se crea e se regula a sede xudicial electrónica de Galicia o ámbito de aplicación da Sede Xudicial Electrónica de Galicia esténdese á totalidade de oficinas xudiciais e fiscais con servizo de rexistro e reparto de Galicia e a outros servizos da Administración de Xustiza en Galicia, así como á cidadanía e profesionais nas súas relacións con esta Administración por medios electrónicos.