Sede Xudicial Electrónica

Sede Xudicial Electrónica

Preguntas Frecuentes


Quen pode consultar o estado dos meus expedientes?

Soamente pode acceder a esta información o/a cidadán/á que presentou a demanda que deu lugar ao procedemento e os profesionais que representen a cada unha das partes que participan neste, verificándose a súa identidade mediante a autenticación co certificado electrónico correspondente.

Que é un certificado electrónico?

O certificado electrónico permite identificar electronicamente de forma unívoca a unha persoa.

Que certificados admite a Xunta de Galicia nesta Sede Electrónica?

Nestes momentos a Sede Electrónica da Administración de Xustiza en Galicia admite estes sistemas de sinatura electrónica.

Como podo obter un certificado electrónico?

O procedemento habitual consiste en realizar a solicitude do certificado a través da web da autoridade de certificación correspondente. Posteriormente, o/a solicitante debe acreditar a súa identidade nalgunha das oficinas habilitadas pola certificadora, onde obterá o código de solicitude que lle permitirá abordar o último paso, a descarga do certificado vía Internet.

Nestas ligazóns facilítase a información necesaria para a obtención dos certificados electrónicos de uso máis habitual polas persoas físicas:

Como podo descargar o Expediente Xudicial Electrónico na Sede?

A través da área privada “Os meus expedientes” para cidadanía e “Expedientes” para profesionais, para aqueles procedementos que teñan dispoñible a descarga completa mostrarase a icona desde a pantalla de procura e resultados do expediente .

Esta opción tamén estará dispoñible desde o detalle do expediente.

Ao pulsar sobre unha destas opcións mostrarase unha pantalla para solicitar a descarga.

Desde a pantalla “Solicitude de descarga do procedemento”, a persoa usuaria deberá indicar o correo electrónico no que quere recibir a información para a descarga.

Cando se reciba o correo informando de que a descarga solicitada xa se atopa dispoñible, tanto a cidadanía como o profesionais, accederán á área privada “A miña Sede”, “Descargas dispoñibles” e seleccionarán a opción “Expediente xudicial” para localizalo a través do buscador cos seus datos de identificación (NIX, órgano xudicial, número e ano).

Unha vez localizado o expediente xudicial poderá realizar a súa descarga pulsando a icona da acción de descarga .

Ten dispoñible para consulta esta folla de divulgación cos pasos para realizar a descarga na Sede Xudicial Electrónica.

Que órganos teñen dispoñible a compartición do Expediente Xudicial Electrónico?

Todos os órganos xudiciais de Galicia teñen dispoñible a compartición do Expediente Xudicial Electrónico.

Xunta de Galicia