Requirimentos técnicos
Requirimentos técnicos para o acceso aos contidos e servizos persoais da Sede Xudicial Electrónica de Galicia:
Para poder facer uso dos servizos da Sede Xudicial Electrónica de Galicia debe estar en posesión dun certificado dixital válido, instalado no navegador, no DNIe ou nunha tarxeta criptográfica, dos admitidos para os distintos perfís por esta Sede, de xeito que sexa posible verificar a súa identidade.
Para coñecer os certificados persoais admitidos pola Sede Xudicial Electrónica, así como o xeito de obter os certificados raíz necesarios para a súa autenticación e o método de instalación do seu certificado persoal no navegador, podes consultar a seguinte ligazón.
Para a sinatura de presentacións telemáticas é preciso ter instalada a aplicación Autofirma. Podes descargala na seguinte ligazón.
Recomendacións técnicas para a visualización de vídeos de vistas:
Requisitos técnicos para o correcto funcionamento e visualización dos contidos e servizos da Sede Xudicial Electrónica de Galicia:
O seu equipo debe utilizar:
- Algún destes sistemas operativos compatibles:
- Linux (probado con Ubuntu 16.04)
- Microsoft Windows 7 ou superior (probado con Windows 7/10)
- Mac (probado con OS Sierra 10.12)
- Algún dos navegadores soportados:
- Microsoft Windows: Google Chrome, Mozilla Firefox ou Microsoft Edge
- Linux: Mozilla Firefox
- Mac: Google Chrome, Mozilla Firefox ou Safari
- Ter instalada a aplicación Autofirma. Pode descargala na seguinte ligazón: https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html
- A resolución de pantalla recomendada, que non obrigatoria, para a correcta visualización dos contidos e servizos desta sede é 1024x768 píxeles.
Se precisa dalgunha explicación adicional ás indicadas neste espazo non dubide en realizarnos unha consulta a través de soporte técnico.