Escrito de trámite xeral
Que é
O escrito de trámite é aquel que se remite a un órgano xudicial con relación a un procedemento xudicial iniciado previamente.
Para que serve
A través deste escrito poderase realizar calquera solicitude ou comunicación á Administración de Xustiza e aplicarán a todas as tipoloxías de procedementos existentes. Para realizar a presentación, deberase incluír a seguinte información:
- NIX
- Tipo, número e ano de procedemento
- Número da peza (no caso de que o procedemento asociado sexa unha peza separada)
- Datos da persoa solicitante
- Motivación do escrito e solicitude que se realiza
Documentación que se debe presentar
Poderase acompañar ao escrito toda a documentación que se considere conveniente e conteña datos de interese para o procedemento.
Cal é o seu custo
Taxas:
Os escritos de trámite están exentos do pagamento de taxas xudiciais.
Como solicitalo
A presentación da solicitude poderá realizarse por calquera medio, xa sexa en forma presencial ou a través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia.
O escrito deberá dirixirse ao órgano xudicial que tramite o procedemento, presentándoo no Servizo Común de Rexistro e Repartición ao que estea adscrito ou directamente no propio órgano no caso de que este fose único no partido xudicial.
Pode atopar a localización e os datos das Oficinas de Rexistro e Repartición e os servizos comúns no Directorio Xudicial.
Normativa
Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil (artigos 812 a 818).
Lei 15/2015, do 2 de xullo, de la Xurisdición Voluntaria.
Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora de la Xurisdición Social.
Calquera outra norma aplicable ao procedemento concreto ao que se dirixa o escrito.