Comunicación de cambio de domicilio
Que é
É un escrito de trámite no cal a persoa ou o/a profesional comunica o cambio de domicilio á oficina xudicial, conforme ao establecido no artigo 155.3 da Lei de Axuizamento Civil: "cando as partes cambien de domicilio durante a sustanciación do proceso, deben comunicalo de maneira inmediata á oficina xudicial. Así mesmo deben comunicarse os cambios relativos ao número de teléfono, fax, dirección de correo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación coa oficina xudicial".
Será preciso indicar aqueles procedementos aos que debe aplicar este cambio e presentar a solicitude en cada un dos Tribunais de Instancia afectados.
Documentación que se debe presentar
Non é necesario proporcionar ningunha outra documentación adicional ao propio formulario de solicitude publicado neste espazo.
Cal é o seu custo
Taxas:
Os escritos de trámite están exentos do pagamento de taxas xudiciais.
Como solicitalo
A presentación da solicitude poderá realizarse por calquera medio, xa sexa en forma presencial ou a través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia.
A presentación desta solicitude solicitude levarase a cabo na oficina de atención á Cidadanía do seu partido xudicial ou, de non contar con esta, no Servizo Común de Rexistro e Repartición ou no Tribunal de Instancia no caso de que este fose único no seu partido xudicial.
Así mesmo, unha vez estea habilitado, este trámite poderá completarse integramente de maneira telemática a través da Sede Xudicial Electrónica.
Pode atopar a localización e os datos das Oficinas de Rexistro e Repartición e os servizos comúns no Directorio Xudicial.