Preguntas Frecuentes
Como podo enviar documentación de exceso de cabida en LexNET?
Cando teña lugar un exceso de cabida en LexNET, pode presentar a documentación restante de maneira telemática a través do apartado “Solicitudes-Documentación exceso de cabida” do portal ACCEDA-Justicia, que fai posible o envío dun único ficheiro ZIP de ata 4GB. Deste xeito, toda a documentación que non se puido entregar vía LexNET, pode ser presentada inmediatamente, unida ao escrito, no mesmo momento no quese realiza o rexistro na aplicación de xestión procesual, garantindo así a continuidade do Expediente Xudicial Electrónico.
Os destinatarios deste servizo son: avogados/as, procuradores/as, graduados/as sociais, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Avogacía do Estado, Servizos Xurídicos da Administración Pública, Servizos Xurídicos da Seguridade Social, Letrados/as das Cortes Xerais ou das Asembleas Lexislativas, administradores concursais, etc.
O uso de Acceda-Justicia evita que teñas que acudir presencialmente a entregar a documentación pois, o trámite, en lugar de realizarse como se levaba facendo tradicionalmente, de forma presencial, realízase agora a través do formulario dispoñible na páxina.
Se ten dúbidas sobre como realizar a presentación telemática da documentación de exceso de cabida en LexNET mediante ACCEDA-Justicia, pode consultar esta ficha dirixida a profesionais.
Lembre que, para que sexa posible enviar documentación mediante ACCEDA-Justicia, previamente debe existir un exceso de cabida en LexNET, que deberá xustificar incorporando ao formulario o escrito de acuse de exceso de cabida que pode descargar desde LexNET no momento en que realiza o envío.
Consulte aquí a ficha dirixida a profesionais na que se indica como enviar a documentación de exceso de cabida en LexNET a través de ACCEDA-Justicia.
Necesitas axuda?
Se tes unha consulta de carácter procesual ou administrativo
Podes dirixirte ao órgano xudicial competente no directorio de organos xudiciais ou ás Oficinas de atención á cidadanía.
Se tes un problema técnico
- Comproba que o teu equipo cumpre os requirimentos técnicos da sede.
- Se xa o fixeches e os problemas persisten contacta con soporte a través da nosa canle de whatsapp ou o formulario de soporte técnico.