Glosario de termos xurídicos
Nesta sección ofrecémosche información sobre os termos xurídicos.
Procedemento monitorio civil
Procedemento especial para a reclamación de débedas líquidas e esixibles, regulado pola Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, regulada nos seus artigos 812 e seguintes. Serve para a reclamación de débedas dinerarias de calquera importe, sempre que sexan líquidas, determinadas, vencidas e esixibles. O procedemento monitorio preséntase como un instrumento rápido, sinxelo e eficaz para a xestión da cobranza deste tipo de débedas.
Procedemento monitorio xurisdición social
Procedemento xurisdición voluntaria en materia de persoas
Trátase daqueles procedementos nos que se requira a intervención dun órgano xudicial para a tutela de dereitos e intereses das persoas nos que non exista controversia. Respecto á materia concreta de persoas, a Lei 15/2015, do 2 de xullo, de Xurisdición Voluntaria regula os procedementos que inclúe no seu título II. A través da Sede Xudicial Electrónica poderanse presentar os relativos a provisión de medidas de apoio a persoas con discapacidade, tutela, curatela e garda de feito.
Procedemento de conciliación
Providencia
Procedemento de consignación xudicial
É un procedemento polo cal a persoa devedora pon á disposición do órgano xudicial a cousa debida á persoa acreedora cando non é posible a súa entrega ou esta se nega a recibila.
Persoa xurídica
Organización de persoas, ou de persoas e de bens á que o Dereito recoñece capacidade para ser suxeito de dereitos e obrigacións (Ej: as corporacións, asociacións, sociedades e fundacións).
Procedemento xudicial
Procedemento de execución de título xudicial (civil / social)
É un procedemento mediante o cal unha persoa pode solicitar ao xulgado que faga cumprir o que se establece nunha sentenza, auto ou decreto firmes, que puxesen fin a un procedemento anterior cando a persoa condenada non o faga voluntariamente.
Parte
Procurador
Profesional do Dereito que, en posesión do título universitario habilitante para o seu exercicio e, en xeral, da colexiación obrigatoria, encárgase da representación procesual das partes en litixio #ante os xulgados e tribunais e, singularmente, a través de quen se realiza os actos de comunicación procesual coas partes acudidas.
Peritaxe
Persoa física
Necesitas axuda?
Se tes unha consulta de carácter procesual ou administrativo
Podes dirixirte ao órgano xudicial competente no directorio de organos xudiciais ou ás Oficinas de atención á cidadanía.
Se tes un problema técnico
- Comproba que o teu equipo cumpre os requirimentos técnicos da sede.
- Se xa o fixeches e os problemas persisten contacta con soporte a través da nosa canle de whatsapp ou o formulario de soporte técnico.