Formularios normalizados
Formulario de Información Preliminar de Asuntos de Violencia (FFCCSS)
Que é:
O Formulario de Información Preliminar de Asuntos de Violencia (FFCCSS) permitirá ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado anticipar información provisional sobre asuntos de violencia á Sección de Violencia do Tribunal de Instancia correspondente, á Fiscalía, ao IMELGA e/ou ás Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito.
Este formulario terá un carácter meramente organizativo, servindo como un adianto de información que poderá variar co avance das dilixencias policiais ou xudiciais, sen efectos procesuais.
Este formulario terá un carácter meramente organizativo, servindo como un adianto de información que poderá variar co avance das dilixencias policiais ou xudiciais, sen efectos procesuais.
Obxectivo:
Con este formulario facilitarase a comunicación temperá e estruturada da información básica dos asuntos de violencia, reducindo as cargas administrativas e permitindo unha mellor organización inicial dos órganos e servizos implicados.
Como funciona:
Para utilizar este servizo será necesario:
Formulario de Información Preliminar de Asuntos de Violencia (FFCCSS)
- Dispoñer dun certificado dixital válido, almacenado no navegador, no Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) ou nunha tarxeta criptográfica, admitido pola Sede Xudicial Electrónica de Galicia para verificar a identidade da persoa usuaria.
- Ter instalada a aplicación Autofirma, necesaria para a presentación telemática e a sinatura de documentos.
Formulario de Información Preliminar de Asuntos de Violencia (FFCCSS)