Queixas e suxestións
Neste apartado informámoste dos pasos a seguir para realizar unha queixa ou suxestión
Para as queixas ou suxestións relacionadas con procedementos xudiciais deberás acudir ao órgano xudicial ou oficina de atención ao cidadán ou á vítima correspondente, acreditando interese lexítimo. Podes consultar os datos de contacto dos órganos xudiciais e oficinas na seguinte ligazón.
Para as queixas ou suxestións asociadas ao servizo prestado pola Administración de Xustiza deberás dirixirte á canle habilitada polo Consejo General del Poder Judicial a través do seguinte formulario.
Para as queixas ou suxestións relacionadas co servizo que presta a Sede Xudicial Electrónica de Galicia deberás cumprimentar este formulario:
Necesitas axuda?
Se tes unha consulta de carácter procesual ou administrativo
Podes dirixirte ao órgano xudicial competente no Directorio de órganos xudiciais ou ás Oficinas de atención á cidadanía.
Se tes un problema técnico
- Comproba que o teu equipo cumpre os requirimentos técnicos da sede.
- Se xa o fixeches e os problemas persisten contacta con soporte a través da nosa canle de whatsapp (697294684) ou o formulario de soporte técnico.