Que é e para que serve?
A Sede Xudicial Electrónica de Galicia é o principal canle de acceso electrónico dos cidadáns á Administración de Xustiza en Galicia.
Novidades para a cidadanía incorporadas na Sede Xudicial Electrónica
A través dela levaranse a cabo as actuacións, procedementos e servizos que requiran a autenticación da Administración de Xustiza ou da cidadanía e profesionais por medios electrónicos.
Que é a Sede Electrónica?
A Lei 18/2011, do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza, define, no seu artigo 9, a «Sede Xudicial Electrónica» como «aquel enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a cada unha das Administracións competentes en materia de xustiza».
A quen vai dirixida?
Coa súa posta en marcha preténdese centralizar os procedementos e servizos que presta cada unha das oficinas xudiciais de Galicia, facilitando o acceso ás mesmas, e creando un espazo no que a Administración de Xustiza en Galicia, os cidadáns e os profesionais se relacionen no marco da actividade xudicial coas garantías procesuais necesarias.
Que podo facer?
A Sede Xudicial Electrónica de Galicia pon ao alcance de cidadáns e profesionais unha serie servizos:
- a presentación electrónica por parte dos cidadáns de procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social, tanto os escritos iniciadores, como os posteriores escritos de trámite
- a consulta do estado dos expediente xudiciais cos que se relaciona
- a comprobación da autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia
- a consulta de información sobre procedementos xudiciais e os formularios para a súa presentación
- a presentación de queixas e suxestións
- e contidos, como a carta de dereitos dos cidadáns ou o calendario e hora oficiais, de interese para estes colectivos.