Que é e para que serve?

A Sede Xudicial Electrónica de Galicia é o principal canle de acceso electrónico da cidadanía á Administración de Xustiza en Galicia.
Novidades para a cidadanía incorporadas na Sede Xudicial Electrónica

A través dela levaranse a cabo as actuacións, procedementos e servizos que requiran a autenticación da Administración de Xustiza ou da cidadanía e profesionais por medios electrónicos.

Que é a Sede Electrónica?

O Real Decreto-lei 6/2023, do 19 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia en materia de servizo público de xustiza, función pública, réxime local e mecenado, define, no seu artigo 8, a «Sede Xudicial Electrónica» como «aquel enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns e cidadás a través de redes de telecomunicacións a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a cada unha das administracións competentes en materia de Xustiza».

A quen vai dirixida?

Coa súa posta en marcha preténdese centralizar os procedementos e servizos que presta cada unha das oficinas xudiciais de Galicia, facilitando o acceso ás mesmas, e creando un espazo no que a Administración de Xustiza en Galicia, a cidadanía e os profesionais se relacionen no marco da actividade xudicial coas garantías procesuais necesarias.

Que podo facer?

A Sede Xudicial Electrónica de Galicia pon ao alcance da cidadanía e profesionais unha serie de servizos:

  • a presentación electrónica por parte da cidadanía de procedementos monitorios das xurisdicións civil ou social, tanto os escritos iniciadores, como os posteriores escritos de trámite
  • a consulta do estado dos expedientes xudiciais cos que se relaciona
  • a comprobación da autenticidade e integridade de documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza en Galicia
  • a consulta de información sobre procedementos xudiciais e os formularios para a súa presentación
  • a presentación de queixas e suxestións
  • e contidos, como a carta de dereitos da cidadanía ou o calendario e hora oficiais, de interese para estes colectivos.

ÚLTIMAS NOVIDADES INCORPORADAS NA SEDE