Axenda de sinalamentos
A axenda de sinalamentos permite consultar cales son as vistas que sen van celebrar nos órganos xudiciais dos concellos que son cabeceira de partido xudicial (isto exclúe os xulgados de paz).
Para realizar unha busca é necesario seguir os pasos sinalados:
- Indicar a data, ou o rango de datas, e o partido xudicial
- Elixir entre unha busca por número de procedemento ou por órgano xudicial. Neste último caso, no que só se mostraran aqueles órganos con sinalamentos para a/s data/s seleccionada/s, teña en conta que cando hai máis dun órgano do mesmo tipo debe concretar o seu número (exemplo: Xulgado de Instrución nº 3)
Lembre que cando hai máis dun órgano do mesmo tipo só poderá seleccionar entre aqueles que teñen sinalamentos previstos para a/s data/s que indique no paso 1