Sistemas de sinatura electrónica admitidos
O certificado electrónico de usuario é un sistema de acreditación que permite verificar a identidade dunha persoa, neste caso do titular deste, e asinar os datos e documentos electrónicos que se envíen, de xeito que se poida comprobar a súa integridade e procedencia.
A relación de sistemas de sinatura electrónica admitidos na Sede Xudicial Electrónica de Galicia cumpre co establecido pola Lei 59/2003, do 19 de decembro de sinatura electrónica, a Lei 18/2011, de 5 de xullo, e o Regulamento (UE) nº 910/2014, do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de xullo de 2014, relativo á identificación electrónica e os servizos de confianza nas transaccións electrónicas no mercado interior e polo que se derroga a Directiva 1999/93/CE.
Pode consultar nesta ligazón a relación completa de certificados e provedores de servizos de certificación aceptados pola Sede Xudicial Electrónica de Galicia.