Sistemas de verificación dos certificados admitidos
Pode comprobar a validez do certificado da Sede Xudicial Electrónica de Galicia utilizando a plataforma Valide.
Os certificados de identificación de sede electrónica empréganse, fundamentalmente, para a identificación das sedes co fin de asegurarlle á cidadanía que o establecemento de comunicacións con estas se realiza a través dunha canle segura e sen intrusión de terceiros.
Para verificar a validez dos certificados desta sede electrónica, e polo tanto garantir a súa autenticidade, pode empregar a plataforma Valide, do Ministerio da Presidencia, e seguir as seguintes instrucións:
- Acceda á sección "Validar Sede Electrónica"
- Introduza a ligazón https://sede.xustiza.gal
- Introduza o código de seguridade
- Prema o botón "Validar".
Para máis información consulte o vídeo titorial