Protección de datos

O tratamento de datos persoais na Administración de Xustiza en Galicia dividiranse en tratamentos xurisdicionais, cuxo organismo con competencias como autoridade de control será o Consejo General del Poder Judicial; ou tratamentos non xurisdicionais, cuxo organismo con competencias como autoridade de control será a Agencia Española de Protección de Datos.

En calquera caso, a política de privacidade aplicada na Administración de Xustiza en Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle aos/ás usuarios/as desta Sede Xudicial Electrónica os servizos que ten dispoñibles.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio estará suxeito ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE, na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), na Lei Orgánica 7/2021, do 26 de maio, de protección de datos persoais tratados para fins de prevención, detección, investigación e axuizamento de infraccións penais e de execución de sancións penais, e no resto da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, coas especificidades previstas, na Lei Orgánica do Poder Xudicial e na lexislación procesual, para a Administración de Xustiza.

Nos seguintes enlaces facilítase información específica relacionada coa protección de datos de carácter persoal no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia, competencia do Consejo General del Poder Judicial ou da Axencia Española de Protección de Datos, segundo se trate de información e actuacións relacionadas con ficheiros xurisdicionais ou non xurisdicionais, respectivamente, nos termos recollidos no artigo 236 nonies da Lei Orgánica do Poder Xudicial.